Premios

Todos os autores de traballos que se publiquen na páxina web do Congreso CLMNTK15 recibirán unha certificación de recoñecemento de autoría emitido polas entidades do consorcio organizador.

Ademais, un número de 20 autores españois, cada un dun centro educativo diferente, recibirá como premio a asistencia ao campus xuvenil internacional a celebrar no Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM) de Valsaín en Segovia. Tamén se outorgarán, a maiores destes 20 premios outorgados a alumnado de centros educativos españois, premios de asistencia ao campus internacional aos alumnos doutros países.

Aínda que non hai un límite de países que recibirán os devanditos premios de participación no campus, pois o único límite serán as prazas dispoñibles nas residencias do CENEAM, garántense premios aos países cos centros educativos máis implicados no proxecto Climántica, entre os que xa contan con premios reservados para esta edición Portugal, Polonia, México e Arxentina, para garantir así a súa continuidade nos campus, gañada polo seu bo papel nos campus de edicións anteriores.

Cada alumno premiado gañará tamén unha praza para o seu profesor/a orientar/a no seminario docente de investigación – acción sobre o campus. O docente orientador poñerá en marcha un proceso de selección interno para elixir no centro a un segundo alumno entre os que publicasen os produtos de sensibilización en http://congresovirtual.climantica.org.

Para esa selección teranse en conta os criterios de mérito, talento, capacidade de traballo en equipo, solidariedade, empatía e creatividade. Desta forma formarase no centro educativo de cada estudante premiado unha delegación de dous alumnos e un docente que se desprazará a Valsaín para seguir as actividades do campus, no caso dos dous alumnos, e as do seminario, no caso do docente orientador.

Do premio quedan excluídos os gastos dos desprazamentos entre os domicilios e Valsaín (Segovia), excepto no caso dos alumnos de Galicia, que se desprazarán gratuitamente no autobús que vai de Galicia para os desprazamentos diarios e tamén os gastos ocasionados pola pensión completa (almorzo, xantar e cea). Este segundo concepto excluído non superará a cantidade total de 25 euros por día. Os centros e/ou familias, para cubrir os gastos destes destes dous capítulos, deberán recorrer a fondos propios, ou ben a apoios de AMPAS, administracións ou calquera outro patrocinador. Quedan incluídos nos premios os gastos de aloxamento, desprazamentos diarios en autobús durante os días que dure o campus e a formación.