En referencia ao famoso refrán español, a falta de coidado e de saneamento durante os últimos anos deixou os fondos da Ría Muros-Noia cheos de lodo e cunha necesidade urxente de actuar sobre ela se queremos que manteña a súa riqueza marisqueira e de biodiversidade en xeral. Mediante o uso da técnica HDR (imaxe de alto rango dinámico) conséguese unha saturación da fotografía que lle dá certo matiz de irrealidade. Pero, aínda que esta técnica normalmente se emprega para enfatizar o positivo, aquí sérvenos para denunciar o abandono da ría, que se aprecia perfectamente coa marea baixa.
IES Virxe do Mar (Noia, A Coruña)
3º ESO
Efraín del Puerto