A modificación nos últimos anos da paisaxe costeira caracterizouse polo urbanismo atroz nalgunhas zonas. Sen embargo, outro dos cambios máis sutís tivo que ver coa presenza de flora e fauna allea á nosa tradición. As chamadas especies invasoras modificaron substancialmente o ecosistema da liña costeira. Na imaxe pódese ver como aínda pervive o piñeiro galego preto dos cantís pero lamentablemente outras especies como a acacia ou o eucalipto están chegando a invadir as zonas limítrofes coa costa.
IES Virxe do Mar (Noia, A Coruña)
3º ESO
Laura Villaverde